16 febrero 2010

La Xunta del P€P€ sigue castigando Ferrol

Para Carbajales o respaldo da Xunta ó Xacobeo é unha tomadura de pelo

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, considera unha auténtica tomadura de pelo as declaracións do Partido Popular en relación á programación do Xacobeo en Ferrol. Carbajales referiuse ó acto que o pasado venres, día 12, organizaron os populares na dársena de Curuxeiras para promocionar o Camiño Inglés e ó que asistiu o xerente do Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás. Neste senso, a edila considera unha “broma de mal gusto” que tanto o presidente do PP en Ferrol, Rey Varela, como a deputada Natalia Barros agradezan o “respaldo” e “sensibilidade” do Xacobeo con Ferrol, xa que das máis de 200 actividades que a Xunta ten previsto organizar ó longo deste Ano Santo só catro terán lugar na cidade (a estrea da obra teatral “Masterclass”, os concertos da gaiteira Cristina Pato e do pianista Arcadi Volodos e unha exposición sen data confirmada). En relación con isto, Carbajales pregúntalle a Rey Varela se ese é o respaldo que Ferrol, como unha das sete principais cidades de Galicia, debe agradecerlle á Xunta de Feijóo.

Asimesmo, a concelleira de Cultura considera unha auténtica falta de respeto institucional o modo de proceder que está a ter a Xunta neste tema. Así, segundo explica Carbajales, na páxina web do Xacobeo anúnciase a exposición “Telón de fondo” para o Centro Torrente Ballester (de titularidade municipal) sen comunicarllo previamente ó Concello. Neste senso, sinalou que no mes de novembro un representante da Xunta púxose en contacto con eles para coñecer a disponibidade do centro, momento no que se lles informou que a programación deste espazo estaba pechada para o 2010, dándolles a posibilidade de dispoñer do Centro Cultural Carvalho Calero. Segundo a concelleira socialista ese foi o último contacto que a Xunta tivo co Concello, polo que lamenta que non teña tempo de tratar estes temas pero si de desprazarse ata Ferrol para dar unha rolda de prensa cos cargos electos do PP. Por elo di que “está claro que Ferrol non conta para o Xacobeo”.

Asemade, Mercedes Carbajales pídelle ós responsables da programación do Xacobeo que faciliten información clara e veraz á cidadanía, xa que calquer cidadán pode comprobar na web da Xunta que das máis de 200 actividades programadas só unha aparece en Ferrol, a exposición “Telón de fondo”, que aínda que a web oficial do Xacobeo recolle que estará no Centro Torrente Ballester entre o 22 de xullo e o 29 de agosto, segundo a programación oficial deste centro as instalacións acollerían nesas datas a XXI Mostra Internacional de Gravado Máximo Ramos. Ademais, sinala que as outras catro actuacións confirmadas non aparecen reflexadas en dita programación.

Por último, Mercedes Carbajales esíxelle á Xunta que actúe con rigor e que traballe en serio da man do Concello de Ferrol para facer á cidade partícipe da programación do presente Ano Santo.

Diario de Ferrol

No hay comentarios: