30 noviembre 2012

AGE e a CIG co mariscador en Folga de Fame

Un mariscador de Ferrol, José Ángel Ríos Méndez, iniciou o lúns pasado unha folga de fame indefinida coa que reclama á Consellería do Medio Rural e do Mar a devolución dos 25 aparellos de pesca que lle foran requisados e dos que denuncia que só devolvéronlle 10 e en deficiente estado.

O mariscador iniciou a folga de fame ante o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Fontes da Consellería, consultadas por Europa Press, rexeitaron a súa versión e aseguran que se lle devolvera todo o material, posto que as nasas teñen dúas partes e se contabilizaron como dobres.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural e do Mar informou de que as nasas que non están correctamente identificadas se comisan e se destrúen, pero que neste caso, o mariscador denunciara o roubo.

Así, indicou "nun procedemento que non é habitual, pero en acto de boa intención devolvéronselle". Aínda que se admite que poden estar algo deterioradas, indícase que o mariscador aceptou nun primeiro momento os aparellos e que agora solo podería reclamar a través dunha vía contencioso administrativa.

Non obstante, José Ángel Ríos denuncia que nos documentos que recibiu dende que se produciu o comiso das nasas se indica que non se lle devolveu todo o material. 

O Servizo de Gardacostas de Galicia levantáralle unha acta de infracción o 29 de agosto porque as nasas non estaban correctamente identificadas. Segundo declarou, nunha acta de inspección da Consellería con data do 3 de setembro indícase que se lle devolveran 10 "butrones" e non os 25 que se lle comisaron.

Ríos afirma ademais que o material devolto está roto e defectuoso, carece dos plomos correspondentes e dalgúns aros de aceiro, e non foi entregado nun saco precintado. "Todas as nasas están cortadas, fáltalles o apeiro e os plomos, e aquí ninguén ten a culpa", lamentou o mariscador, que insinúa que o comiso dos aparellos foi debido ás declaracións que realizara o día anterior en contra do sistema de depuración de ameixa na ría.

"É PERSOAL"

"É persoal porque saín o día anterior dicindo que morrera a ameixa", engade, "de 70 quilos de chumbo non me devolveron ningún chumbo, e quitaron os aros de aceiro".
Neste contexto, Ríos anunciou que continuará de forma indefinida coa folga de fame iniciada este luns. "Farei folga de fame ata que me devolvan o meu, non estou a mentir, non me meto con eles se non teño a razón, e esta xente deixoume arruinado", manifestou.

Hoxe membros de Alternativa Galega de Esquerda e da CIG, asistiron a un encontro para acometer actuacións que poñan fin a folga de fame deste compañeiro. Ambas formacións comparten que ten que levarse a cabo outro tipo de accións que non poñan en perigo a integridade física deste. 

No hay comentarios: