O despropósito do PP para a Praza de España.
Unha obra que sen empezar xa regalou do noso diñeiro público 56.000 euros de licitación. Este proxecto xa sufriu variacións no seu custo ante de empezar, dos 725.000 euros fixados inicialmente, pasouse a 916.000 euros, agora o PP para anunciar nos medios esta dilapidación do noso diñeiro público, anúnciao nos medios de comunicación dicindo que a obra ten unha rebaixa de máis de 100.000 euros con respecto á contía fixada no prego de condicións, esta queda adxudicada en 812.000 euros.Finalmente a obra foi adxudicada a favor de ás empresas Extraco S.A. e Prace Servicios e Obras S.A, que concorreron conxuntamente ao concurso.

Esta información sae recollida na propia Web do Concello: http://www.ferrol.es/ampliar.aspx?id=31893
Actualmente nesa zona amontóanse toneladas de residuos, repartidos en catro vertedoiros ilegais permanentes, ante a total pasividade do actual goberno local.
Non se entende cos partidos na oposición pidan contas sobre este proxecto, sobre todo o PSOE, que foi o partido que promoveu no seu día este estudo ecolóxico.
O aínda alcalde de Ferrol, Sr Rey Varela, para o único que se acordou da candidatura da nosa cidade a Patrimonio da Humanidade, foi cando patrocinou o Racing de Ferrol con 229.500 euros, por lucir o anagrama na súa camiseta.
Non coidan o noso patrimonio histórico, non realizan mantemento dos espazos públicos da nosa cidade, pero proxectan obras millonarias e sen sentido
No hay comentarios:
Publicar un comentario