Esta agresión leva consigo outras medidas adicionais de recortes que rematarán pola desmantelación do único xornal local que temos.
O grupo decidiu suprimir en Ferrol a sección de infografía, trasladándoa á central da Coruña, unha medida caprichosa que non supón aforro de custos, senón o empobrecemento dos traballadores afectados.

A iso súmanse os despedimentos que se produciron no último ano e medio (catro xornalistas) e outras cuestións, como a non renovación da web ou non facer publicidade do xornal, cando si se fan ambas as dúas cousas con outra cabeceira do grupo que ten menor difusión, como é "El Ideal Gallego".
No hay comentarios:
Publicar un comentario