18 abril 2012

Asemblea Constituínte da Cooperativa Arméria.

O próximo venres día 20, ás 18hs no Centro Cívico de Caranza, promovida polo Encontro Social de Ferrolterra, celebrarase a Asemblea Constituínte da Cooperativa Arméria.

Quen pode participar?

Está aberta a todas as persoas que se acheguen para informarse sobre cooperativismo.

Tamén a todas as persoas que estean interesadas en promover e participar de iniciativas de economía social e solidaria, que xeren novas dinámicas na nosa comarca, que palien os efectos das políticas capitalistas que a teñen sumida nunha profunda crise económica e social.


Tamén, quen quixer pode formar parte de Arméria. Como?

1-Acudindo á asemblea onde se informará sobre cooperativismo en xeral, e sobre a Cooperativa Arméria en particular.
2-Facéndose socio ou socia.

Como podemos asociarnos?

1- Anotándonos e aportando ao capital social da cooperativa 30€.
2- Anotándonos no banco de tempo, e aportando ao capital social da cooperativa 5 horas de traballo.

Ven e infórmate!


Consello Local

Foro 2012

Foro 2011

Blogue do Encontro

Informe de diagnose socioeconómica de Ferrol Terra

Taboleiro de Anuncios

Glosario de Termos

No hay comentarios: