Desbloqueada provisionalmente a canle de entrada á ría por parte do colectivo de mariscadores.A "tregua" ven motivada pola reunión con carácter urxente, ás 19:00 h, en Santiago, solicitada por parte da Conselleira do Mar, Rosa Quintana. Na que responsables de dita consellería veranse cos representantes das cofrarías co fin de achar ¿¿solucións?? ao conflito..
Suliñar, que a única solución ao conflito pasa por pagar os salarios debidos aos traballadores/as, e a inmediata posta en marcha da depuración das augas da ría. Unha depuración que nos están cobrando nos recibos da auga e que nunca se levou a cabo.Despois de desbloquear a canle da ría, perto das 10:00 h, saía oa mar o buque cargueiro Kossau, tal como recollen as imaxes.
A lancha patrulleira da Garda Civil estivo en todo momento acompañando os movementos das chalanas e planadoiras, recollendo os datos das embarcacións que pechaban a canle da ría, e seguramente tamén gravaron en vídeo, tal como acostuman facer.


No hay comentarios:
Publicar un comentario