27 febrero 2012

AS XENTES DA MAR EN LOITA

Tras as asembleas celebradas esta mañá en ambas cofrarías, as xentes da mar decidiron pechar as portas dos positos, e iniciar un calendario de mobilizacións pola falta de pagos por parte da Xunta do P€P€, que adeuda salarios dende novembro polas tarefas de rexeneración, alternativas á extracción de ameixa, tamén se pide a urxente posta en marcha da depuradora das augas da ría de Ferrol.

Ao mediodía concentráronse fronte ao edificio da Xunta de Galicia en Ferrol, os ánimos d@s traballadores/as caldearonse, presa da desesperación que estás a vivir, e algúns deles/as, decidiron ocupar as oficinas da Consellería do Mar, sitas no mesmo inmoble.

Ás 14:00, outros dous mariscadores colgáronse con cordas e arneses na ponte Das Pías, denunciando a débeda de salarios, e pedindo solucións para a depuración das augas da ría.

Xa a tarde, cara ás 18:00, as lanchas dos mariscadores/as bloquearon a canle de entrada a ría de Ferrol, obrigando a un cargueiro que salía a voltar cara ao interior.

Maña tentaremos facer un seguimento puntual e en directo dos feitos que acontezan, e dende esta bitacora amosar nosa solidaridade cos traballadores/as.

Neste álbum ollaredes as cousas que podedes facer na ría de Ferrol, de todo, menos mariscar ou pescar.


NA RÍA DE FERROL PODES...

No hay comentarios: