04 octubre 2011

O P€P€ SIGUE COAS AGRESIÓNS SOCIAIS

Isto é un pequeno resumo, pois a listaxe de recortes e agresións ao social é interminable. Pero seguirei engadindo as agresións: a Sanidade, a privatización da Auga, os recortes ao transporte de persoas Dependentes, a falla de protección ao medioambente, e un longo etc etc etc....

A demora dos pagos por parte da Xunta, a Cofraría de Pescadores está poñendo en situación de «emerxencia social» @s mariscadores/as, moit@s teñen que ir comer a Cociña Económica, outr@s tiveron que pedir axuda en Cáritas».


O vicepatrón de Barallobre, Manuel Bañobre, indicou que «sabemos de casos nos que a situación económica está afogando moito, e iso que hai xente que, por vergoña, non conta ou que ten que facer para saír adiante».
O ferrolán Estévez sinalaba onte, no entanto, que confía en que esta semana se resolvan as cuestións burocráticas e o que se debe de agosto e de setembro póidase cobrar «a principios da próxima semana». O moi pelota sigue tendo fe no P€P€

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/10/04/0003_201110F4C4994.htm


A Federación de Libreiros de Galicia (Felg) denunciou o atraso da Xunta no pago dos libros escolares ofrecidos gratuitamente a familias afectadas por problemas económicos e advertiu de que iso pon en perigo a supervivencia dalgúns establecementos.

Segundo a Felg, a Consellería de Educación pagou até o momento entre 1,6 e 1,7 millóns de euros dos máis de 10 millóns previstos.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/10/04/00031317729130841999361.htm



A Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra (Afesin), denuncia os impagos da Xunta do P€P€.

Despois de que hai uns días o centro Chip-Chop fixese público un comunicado sinalando que non pode seguir pagando do seu peto as subvencións que ha de abonar a Xunta. Ao atraso no reintegro das axudas súmase que desde o ano 2002 non se actualizaron os prezos.

Desde Afesin confírmase que moitos centros están a atravesar serias dificultades por esta situación, á que se suma que a Xunta tampouco cumpriu o seu compromiso de actualizar os prezos, que desde 2002 incrementáronse un 27%. O problema afectou xa ao peche dalgunha gardaría, como foi o caso de "O Principiño", en Neda, que non puido seguir financiando do seu peto as cotas das familias.

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/28507-ferrol-noticia



O convenio entre o Concello de Ferrol e a Xunta para equipar o auditorio de Caranza está bloqueado desde marzo, (os P€P€ros non se poñen dacordo)

Fai sete anos o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por aquel entón conselleiro, colocaba na cidade a primeira pedra do auditorio municipal de Caranza.

Unha obra faraónica que a día de hoxe sigue sen rematar, nada menos que sete meses despois de terminarse as obras do edificio, continúa estancado porque as instalacións continúan sen poder utilizarse, entre outros motivos, pola falla do equipamento do edificio.

Outra merda como a cidade da cultura, cartos dos galegos estragados.

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/28851-ferrol-noticia


A Xunta excluirá do comedor aos nenos que paguen tarde. Educación avisa que non se dará este servizo aos alumn@s por "mínima que sexa a cantidade" que deba

As restricións económicas da Xunta do P€P€, chegan aos comedores escolares. A Consellería de Educación ordenou aos directores dos colexios que prohiban o acceso ao comedor a aqueles alumnos, que non gozan de bolsa e están obrigados a pagar 3,05 euros por cada comida, cando os seus pais non abonen as correspondentes tarifas. A exclusión efectuarase "por mínima que sexa a cantidade" que se debe e á marxe das "circunstancias económicas ou persoais" da familia, tal e como se explica na instrución enviada aos centros.

http://www.farodevigo.es/galicia/2011/08/23/xunta-excluira-comedor-ninos-paguen-tarde/573672.html




A Xunta do P€P€ elimina as axudas ao ferrocarril

Cando durante a pasada lexislatura “enchíaselles a boca jaleando á –plataforma- Salva ó Tren- e facendo promesas que non queren cumprir”

Esta actuación “ofrece unha clara idea que teñen do tren de proximidade no país, que é a de suprimir as axudas e dedicar cero euros nos orzamentos de 2011”, co que “recortan os dereitos que teñen os cidadáns de Galicia para acudir a desenvolver unha vida normal usando e disfrutando do transporte público” de calidade.

http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=73542


Algúns exemplos da AUSTERIDADE do P€P€ = Recortes Sociais

  • Recortou 245 millóns de euros en sanidade.
  • Recortou 254 millóns de euros en educación.
  • Suprimiu a gratuidade dos libros de texto para catro de cada dez familias galegas que a percibían, afectando a 80.000 familias.
  • Recortou polo menos 1.800 docentes para a educación pública obrigatoria.
  • Privatización de hospitais, aumentando até 250.000 as persoas en listas de espera.
  • Pechou quirófanos e suprimiu camas.
  • Os médicos contrátanse agora en Galicia até por un só día.
  • Deixou sen cobertura de seguro a 30.000 mariñeiros e mariscadoras.
  • Deixou a 180.000 mozos sen autobús nocturno (Noite-bus).
  • Aumentou un 150% os dependentes en espera de axuda, até alcanzar os 40.000.
  • Recortou 126 millóns de euros para a política social de vivenda.
  • Rebaixou en 185 millóns de euros as actuacións para a protección do medio ambiente.
  • Rebaixou en 101 millóns de euros os fondos destinados a políticas activas de emprego. O desemprego crece agora o dobre en Galicia que no resto do país.
  • Recortou un 40% as subvencións para proxectos anti sida.
  • Recortou o 45% da axuda dirixida a desenvolvemento e eliminou as subvencións a proxectos de acción humanitaria.
E TI... ¿VASTE QUEDAR NA CASA???

No hay comentarios: