14 octubre 2011

Fuco Buxán cos 9 mariscadores imputados por defender a Ría a Vida, e a Legalidade

A Asociación Cultural Fuco Buxán solidarizase cos traballadores e traballadoras do Mar da Ría de Ferrol, apoiando ás súas reivindicacións fronte a Xunta de Galicia, en defensa dos seus salarios, da dignidade e condicións de traballo e do saneamento da Ría, fonte de vida e de ocupación laboral de centos de familias.

Apoio que fai extensivo aos 9 mariscadores imputados, por resistencia e desobediencia grave á Autoridade, no proceso consecuencia das mobilizacións pola entrada dos gaseiros na Ría de Ferrol, no ano 2007, actos convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia, no que participaron multitude de persoas – cuxa inculpación non foi admitida – para defender a vida da cidadanía de Ferrolterra.

Esta Asociación acompañará aos inculpados, no xuizo oral que se celebrará os vindeiros 14 e 17 de novembro no Xulgado do Penal, nº 2 de Ferrol.

Asemade, amosa a súa solidaridade co traballador do mar, José L. Vázquez Pichín, recentemente condenado a 2 anos de cárcere, acusado de participar no peche da estrada de As Pías en 2006, con motivo de reivindicacións laborais en defensa dos intereses dos mariscadores da Ría de Ferrol que estaban a ver en perigo, por unha parte a continuidade do seu medio de vida e por outra banda a impasividade das administracións ante unha situación de deterioro da ría que tivo lugar pola súa deixadez e da que os traballadores do mar non tivieron nin teñen culpa algunha.

Súmase, Fuco Buxán, á petición de indulto, en trámite, que revogue defitivamente o seu ingreso en prisión.

No hay comentarios: