20 marzo 2011

Denuncia da AV de Esteiro

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro queremos denunciar que os compromisos establecidos, en materia de servizos sociais, co Concello de Ferrol, que agora dependen da Consellería de Traballo e Benestar, están incumpridos:

* Escola Infantil Pública en Esteiro.
* Ludoteca.
* Centro de Día e local social en Canido.
* Centro de inclusión e emerxencia social
* Vivendas dotacionais en Réxime de Aluguer para Maiores e Mocidade ( construidas pola anterior Xunta de Galicia) que non están en funcionamento.
* Centro de Día en Caranza, pendente de poñelo en funcionamento procedendo á súa apertura.

A todo esto temos que engadirlle lamentable Estado da Residencia Pública da Terceira Idade en Caranza, que podemos ver no vídeo que achegamos.


http://www.youtube.com/watch?v=u2lcAgLkS78

A pesar da falla total de compromiso con Ferrol e dos moitos incumprimentos da Consellería de Traballo e Benestar coa cidade, á súa titular, Dona Beatriz Mato, se lle nomea madriña dunha rondalla ferrolá.

Consideramos absolutamente inmerecido este nomeamento , supoñemos que a Rondalla en cuestión descoñece a realidade que aquí denunciamos

Demandamos que se cumpra por parte de Dona Beatriz Mato os compromisos adquiridos, de xeito especial a contrucción dunha Escola Infantil Pública en Esteiro, comprometida desde o ano 2005, na parcela municipal da Avenida de Esteiro preto do Colexio Público de Esteiro e dos barrios de Recimil e Ultramar

AV de ESTEIRO

No hay comentarios: