28 febrero 2011

Vandalismo na rúa

A Policía detén a un individuo por prender lume a varios contenedores, unha papeleira e unha palmeira
• Os feitos ocorreron o domingo e o autor foi trasladado ás dependencias do Corpo Nacional de Policía.
Ferrol, 28 de febreiro de 2011.
Axentes da Policía Local detiveron este domingo ás 06.00 horas a J.C.L.C. por incendiar tres contenedores, unha papeleira e unha palmeira en diferentes rúas e prazas da cidade. Nunha delas, a rúa Paraguay, o detido prendeu lume a un contenedor de residuos orgánicos, a cuxo lado se atopaba outro moi deteriorado, polo que a Policía solicitou a presenza dos bombeiros para sofocar o incendio. Posteriormente, desprazáronse á rúa Sartaña seguindo as indicacións dun veciño que presenciou estes feitos. Alí, na esquina coa rúa Nova de Caranza atopáronse outro contenedor ardendo, polo que deron de novo aviso aos bombeiros ao tempo que foron informados de que na rúa Sánchez Calviño se producira o incendio dunha papeleira, así como dunha palmeira na praza do Inferniño.

Os axentes, tras inspeccionar a zona para intentar localizar ao autor dos feitos, consiguen detelo na rúa Ponzos esquina coa rúa República Arxentina cando se atopaba prendendo lume cun chisqueiro a un novo contenedor. Ante estes feitos, os policías procederon á detención do individuo, que foi trasladado ás dependencias do Corpo Nacional de Policía para pasar a disposición xudicial.

1 comentario:

Dany chino dijo...

Uno de los focos prendidos por este individuo lo tuvo que apagar un servidor con un extintor y varios cubos de agua cedidos por el pub chevere pues los bomberos no daban hecho con tantos incendios seguidos