07 febrero 2009

POR CARMELO TEIXEIRO

YOLANDA DÍAZ (*)
As cidades se fan coa arxila da xenerosidade e da loita que posúe Carmelo Teixeiro. As cidades se constrúen na laboriosa trama de relacións sociais e asociativas que permite á cidadanía defender as propostas de xustiza e racionalidade crítica que se perden na perspectiva trunca que adoitan ter os gobernantes. As sinapses, eses impulsos nerviosos que comunican e organizan a corrente de demandas e necesidades adoptan na vida social a forma de persoas comprometidas e xenerosas, adquiren a silueta de persoas como Carmelo. Carmelo é ese veciño infatigable de Caranza que non cesou de desenvolver ese papel de nervio impulsor, de conciencia esixente no que atinxe á vida social. A súa traxectoria sindicalista na Bazán xa nos difíciles sesenta e a súa participación na reconstrución do movemento socialista na bisbarra expresan o seu compromiso político e social nos anos baixo a ditadura e logo na construción dun réxime democrático, que sempre constitúe unha obra aberta, en construción. O que o levou nestes anos a adicar tempo e talento na loita contra o emprazamento da planta de gas no interior da ría. Sexamos coherentes co seu exemplo e continuemos e gañemos a loita contra Reganosa e todos aqueles obedientes ou resignados con ela. Hoxe, ao mediodía, no seu barrio, en Caranza, preto da ermida de Santa María, onde pronto terá un parqué que levará o seu nome saudado polos carballos, xuntarémonos para escoitar os seus consellos.

(*) YOLANDA DÍAZ É PORTAVOZ DE IZQUIERDA UNIDA

(do Diario de Ferrol)¡¡LO VERAS CON NUESTROS OJOS!!

No hay comentarios: