REDACCIÓN > FERROL
Xoán Gato, candidato de Terra Galega (TEGA) á presidencia da Xunta, participou onte nunha charla-coloquio cos veciños de Mandiá, en Ferrol. Na súa intervención instou “á rebelión contra os políticos que levan anos enganándonos con falsas promesas”.
Frente ao PP, PSOE e o BNG, o ex alcalde naronés contrapuxo o seu programa electoral, que dixo que está baseado no sentido común e defendeu o voto á sua formación como “o verdadeiro voto útil”. Ao respecto, Gato asegurou que “temos moitas posibilidades de chegar aos catro ou cinco escanos no Parlamento galego”. De cumprirse, suliñou que “TEGA será a chave do goberno da Xunta e esixiremos que os nove puntos básicos que firmaremos ante notario sexan cumpridos polo partido que queira gobernar Galicia”.
(do Diario de Ferrol) Sábado 7 de Febrero de 2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario