05 abril 2012

S.O.S NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA EN FERROL

A Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”, convoca:

MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12:00 h.
Concentración diante da oficina central do BBVA, (Praza do Callao (Ferrol)

O BBVA DESTRÚE POSTOS DE TRABALLO

NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA

O BBVA decidiu desafiuzar ós traballadores do Café Bar O CARBALLO, pese a establecer un acordo verbal con eles, polo que se lles adxudicaba o local por un importe establecido. Agora vólvense atrás e pretenden quedarse co establecemento, no que traballan catro persoas.

Tras manter conversacións con directivos da entidade bancaria (BBVA), éstos aconsellan que un empregado, Pedro Bastida, solicite un crédito. Despois de hipotecar a súa vivenda consegue os recursos necesarios para liberar o local. En lugar de recibir a adxudicación, recibe a notificación do xulgado onde lle anuncian que o Café Bar O CARBALLO, ten que ser desaloxado antes do mércores, 11 de abril.

¿Por que actúa así a entidade bancaria?, ¿Por que se ignora o anuncio do goberno no que se plantexa a necesidade dun código de boas prácticas bancarias?, ¿Que prácticas?
O anterior propietario era Bernardo Bastida Sixto, o expatrón maior da confraría de pescadores de Ferrol. Moitas son as persoas que, especialmente o colectivo de mariscadores, saben do seu esforzo por defender, recupera-la ría e por integrar a un gran número de mozos e mozas á vida social, en Ferrol Terra. Contra Bastida, desenvolveuse unha campaña de desprestixio co obxectivo de decapitar a Confraría e aos traballadores do mar. Incluso se lle someteu a xuízo xunto a outros compañeiros.

A persecución á que foi sometido Bastida, queda de manifesto cando, tras varios anos acusado de apropiación de fondos, agora sabemos, por decisión do fiscal e do xuíz, que se arquivan aquelas actuacións ¡É inocente daquela acusación!
Unha decisión política na que participaron a Xunta de Galicia e Reganosa, para perseguir a Bastida ate a extenuación. A eles se lles suma agora o BBVA, pretendendo que caiga sobre a súa familia o peso da súa rébancha. Lles importa un pimento a destrución de catro postos de traballo. É difícil de entender que non se admita pagar a quen o desexe, tendo medios para facelo.

Coa situación actual da Comarca, que posúe un nivel tan alto de desemprego, non nos podemos permitir a desaparición de catro postos de traballo. Máis, tendo en conta que hai vontade de negociación e de pagamento da débeda.

Por esa razón, decidimos emprender unha campaña de solidariedade con Bastida e os catro traballadores do Café Bar O Carballo e denunciar esta represalia contra eles.

MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12:00 h.
Concentración diante da oficina central do BBVA, (Praza do Callao - Ferrol)

¡¡ ACODE E DIFUNDE!!

Convoca: Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”

No hay comentarios: