24 noviembre 2011

"A MERDO XUSTIZA"

O pesqueiro Lafayette, a maior factoría flotante de pesca do mundo que se atopaba en reparación nos estaleiros de Navantia - Ferrol, e sobre o que se interpuxeron varias denuncias sobre a posible existencia de nenos chineses menores de idade traballando a bordo, "FUXIU" , nada máis coñecer a decisión da Fiscalía de arquivar a denuncia.

Non se puido rexistrar todo o barco, as investigacións policiais tiveron que limitarse ao exterior do buque, xa que o seu interior é territorio estranxeiro, e os funcionarios de Estranxeiría só puideron acceder ao mesmo para realizar unha inspección rutineira de comprobación de pasaportes xa que se necesitarían os permisos de Estranxeiría e da Embaixada de Rusia. A Fiscalía NON os solicitou. E resolveu o arquivo das dilixencias, dado que según esta a probabilidade de que houbese menores entre a tripulación é case nula, e asegurouse que, no caso de contar cunha base minimamente sólida, darían os pasos necesarios en defensa dos menores.
¿¿??

Testemuñas que traballan nos estaleiros insisten en que "vimos a nenos cargando sacos de cereais"

As denuncias facían referencia á presenza no barco de pequenos, de entre 10 e 12 anos, que «apenas tiñan roupa e estaban en sandalias».

O denunciante, viu aos pequenos cando se atopaba pescando na súa lancha pola ría. Este denunciante afirmou; que viu asomarse no buque a uns nenos, que chegaron a estar ao seu lado, pero pensou que podería tratarse de familiares dos tripulantes. Con todo, pouco despois comprobou que eses mesmos mozos subían pola pasarela cargando fardos, e falouno con outras persoas, que lle confirmaron que os menores traballaban no barco e durmían sobre cartóns. "Estes nenos están indefensos, traballan máis de dez horas ao día; eu os vín e todo o mundo viunos. A xente do estaleiro non ten problemas de ir de testemuñas, pero ninguén quere denunciar por medo a represalias laborais".

O denunciante asegura que bombeiros de Navantia, que foron os únicos que accederon ao Lafayette, tamén llo confirmaron. Tamén manifestou ao Diario de Ferrol que se non estivese seguro do que vira non se tomaría tantas molestias. "Son adulto e teño fillos", engadindo que de dez ou doce mozos que viu, "tres non superaban os 12 anos".

O consignatario do buque, Antón Martín Shipping, cualificou os feitos denunciados de «pura mentira». Sostén que efectivos policiais investigaron os feitos a bordo, reclamando os pasaportes e os cadernos dos mariños, e non atoparon menores.

Navantia "Lanza balóns fóra" e ¿Pecha bocas?

Dende a dirección da compañía din que a inspección de Aduanas non detectou presenza de nenos a bordo. Así mesmo destacan que "como estaleiro limítase a efectuar as reparacións no buque que lle foron encargadas polo Armador e non ten responsabilidade algunha na tripulación cousa que compete exclusivamente ao Armador do buque", e recalcan que non detectaron a presenza de menores na tripulación.

As testemuñas e o autor da denuncia insisten en que "a bordo había nenos de 13 anos que non nos chegaban á cintura, que traballaban en chanclas transportando sacos de cereais máis de dez horas ao día, e que durmían sobre cartóns". Os escritos dirixíronse á Sección de Menores da Fiscalía Provincial da Coruña e á fiscal de Protección e Reforma de Menores da Fiscalía Xeral do Estado. Os denunciantes, traballadores dos estaleiros, estiveron asesorados por Save the Children.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/archivan-investigacion-existencia-ninos-trabajando-un-pesquero/idEdicion-2011-11-24/idNoticia-714963/

Nota de prensa da denuncia
Donde se contan os problemas que tivo para entrar nos astaleiros, e como esto é unha fuga en toda regla

A Subdirección Xeral de Pesca Marítima prohibiulle nun principio a entrada en Ferrol, como así o manifestou o deputado Arsenio Fernández de Mesa, en declaracións a un medio de comunicación local . Aínda que o buque si que contaba cos permisos de entrada, tanto da Autoridade Portuaria como da Capitanía marítima de Ferrol.

O Lafayette entrou en Ferrol o 11 de outubro para someterse a un período de reparación de tres meses. No estaleiro de Fene realizáronselle traballos de chorreo e pintado.

Moito axilizou Navantía o encargo, ou é que non se chegou a completar pola "fuga" ¿?¿?

Cando onte o fiscal resolveu o arquivo, o megabuque xa estaba a realizar as manobras para abandonar as instalacións de Navantia-Fene.

Sexa como sexa, o barco "LISCOU" (ao meu modo de ver) POR INDIFERENCIA DE MOITOS.

¡¡EU CREO NOS TRABALLADORES, DE SEGURO CONTARON O QUE OLLARON !!


Nestes intres esta é a posición do Lafayette, parece ser que vai destino As Palmas. Tentarei contactar con algunha Asociación de alí para polos ao tanto da denuncia presentada en Ferrol.

Igual @s xuices das illas teñen máis tempo e intencións de indagar o asunto. Xa que a meu modo de ver, para arquivar unha denuncia desta indole deberon seguirse todolos pasos legais até verificar a denuncia, e si había que "tocar o caralho" as autoridades rusas era cuestión de facelo.

Por un simple motivo, XUSTIZA.

1 comentario:

Anónimo dijo...

E os merdo sindicalistos que foi o que fixeron?