03 agosto 2011

A carencia de policía incrementa o vandalismo nas rúas de Ferrol,

A madrugada do Luns ao Martes iniciouse unha queima de colectores en cadea no centro de Ferrol.O primeiro acto de vandalismo foi na rúa Méndez Núñez, prenderon lume a uns colectores e este afectou a un Seat Córdoba.Minutos despois, ocorrían os mesmos feitos a tan só uns metros, na rúa Doutor Fleming, idéntica situación, o peor parado foi un Chevrolet. A vaga de lumes continuou na rúa Alonso López, cun terceiro automóbil calcinado, un Renault Clio.Tres coches calcinados e sete colectores pasto das lapas.

O Concello de Ferrol ten a necesidade urxente de aumentar o número de axentes locais en plantilla. Según fontes confidenciais precisarían duns 20-25 policias máis para poder dar un servicio axeitado, e acorde coa demanda da cidade.

Esta é a noticia no Diario de Ferrol, a publican un día despois desta denuncia, deste xeito queda máis que contrastada esta nova http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/25293-ferrol-noticia

Cos dos P€P€ no concello mal imos.... Hai que roelos---

1 comentario:

Anónimo dijo...

A Policía Local estaba vixiando o aparcadoiro do Hospital Juan Cardona, seguindo as ordes de Pablo Cal, concelleiro do ramo