27 marzo 2011

¿Especulación?

Achegamos escrito da AV de Esteiro, denunciando o desprendemento de cascallos e solicitando a expropiación do edificio da rúa Carlos III nº34 que é propiedade de Abelardo Bellón López, quen concentra xunto con outras dúas persoas a propiedade de 240 vivendas en Ferrol Vello, A Madalena e Esteiro. A Abelardo Bellón foi a quen lle ardeu un edificio diante do concello de Ferrol, no que aínda non se fixo ningúnha actuación.



 
Desprendemento de cascallos en Esteiro.

No día de onte producíase en dúas vivendas de Esteiro desprendementos de cascallos á rúa sen que, por sorte, se producisen vítimas, cousa que sucederá algún día, e que fixeron preciso a intervención dos bombeiros.
Unha foi na rua Fernando VI na antiga reloxería Losada e outra na rúa Lugo entre os números 29 e 32.

No día de onte tamén entraba en vigor a ordenanza municipal de solares e vivendas en mal estado aprobada polo Concello de Ferrol.

Desde esta AV de Esteiro vimos denunciando diante do Concello o estado de abandono e o perigo que ese estado supón para as persoas.

Hai tempo entregamos unha relación das mesmas relatando as deficiencias que, desde o noso punto de vista, tiñan.

Pensamos que non se está tomando con suficiente interese esta denuncia. Terá que haber vítimas para que se nos faga caso.

Desde a AV de Esteiro fixeramos unha denuncia no Concello e na Fiscalía do TSXG sobre o estado de deterioro, provocado intencionadamente polo seu propietario, do edificio da rúa Carlos III nº34 ( achegamos foto) . Mesmo diriximos un escrito á concellería de urbanismo do Concello de Ferrol solicitándolle que procedese á iniciar un expediente de expropiación, dado que o propietario non facía caso de ningún dos requirimetos formulados desde o departamento de Urbnismo de Ferrol.

Volvemos a insistir nesa demanda SOLICITAMOS que se inicie expediente de expropiación para o Edificio de Carlos III nº 34 para dedicalo a Centro Civico e Cultural Municipal.

A nova ordenanza o permite e anteriores normativas xa o facían posible.

Tamén demandamos un plan especial para a parte vella do Barrio de Esteiro que permita obter subvencións para recuperar o Esteiro que forma parte do Ferrol do século XVIII que o Concello debera dar os pasos para que no seu conxunto ( Ferrol Vello, A Madalena e Esteiro) fosen declarados Ben de Interese Cultural.

Ferrol a 26 de marzo de 2011.

Xunta directiva da AV de Esteiro

1 comentario:

Amelia Oubiña dijo...

expropiación directa ya