25 marzo 2010

Plaza de España

Estimados/as veciños/as
O próximo venres 26 de marzo ás 19,30 horas terá lugar a inauguración da superficie da Praza de España , poñendo a disposición da cidadanía este espazo.
O acto contará coa interpretación de máis de 80 músicos/as pertencentes á Banda Ferrolá de Música e a Banda do Tercio Norte , acompañados da actuación dun centenar de bailaríns (dende os 6 ate 40 anos) de diferentes escolas de danza que están a traballar no municipio e correspondentes aos grupos de Suso Pérez Lago, Allegro e Herdanzas .
  • A interpretación de danza vai a ser libre e improvisada; convidándovos tamén a intervir de forma espontánea.
  • Agardamos que sexa a cidadanía a que se apropie deste espazo, convertindo a praza nun lugar encontro.

Atentamente

Área de Participación Cidadá do Concello de Ferrol

No hay comentarios: