16 noviembre 2009

XXIV EDICION DA SEMANA DA MUSICA DO BARRIO DE CARANZA

Do 17 o 21 de novembro de 2009
HOMENAXE A RONDALLA “ SONIDOS DEL ALBA”
 
Unha nova edición da Semana da Música chega a vós, organizada pola asociación de veciños do barrio. Esta iniciativa que naceu no ano 1986, é hoxe un referente na cidade de Ferrol, e nos fai sentir orgullosos do traballo que se organiza nesta entidade. Un ano máis, a constancia e o traballo de Román Piñón Bouza da os seus froitos, co respaldo de  toda a xunta directiva consigue facervos chegar, un programa musical variado e de calidade.
  
 E de xustiza recoñecer,  que o apoio do Equipo de Goberno do noso Concello, foi primordial para celebrar este evento musical. Gracias a Concelleira de Cultura Dona Mercedes Carbajales por confiar en que a Asociación de Veciños de Caranza pode aportar un anaco de cultura e lecer os cidadáns de Ferrol.
 
Os nosos parabéns os integrantes da Rondalla “Sonidos del Alba”, todos eles son amigos, ensaian no noso local, colaboran con nos en moitos actos, e son uns máis dentro do tecido asociativo do barrio. Incondicionais da asociación de veciños nos derradeiros anos, merecen este recoñecemento público por parte da xunta directiva que presido, e como non podería ser doutro modo, o recoñecemento de todos os ferroláns por facer que a nosa música e as nosas tradicións traspasen fronteiras.

Pilar Rodríguez venancio (Presidenta)




DIA 17………..CORAL E RONDALLA “ VIRXEN DO MAR  DE  CEDEIRA” as oito no Centro Cívico de Caranza

 
DIA 18………ACTUACIÓN DE ANTONIO RUIBAL  E RICARDO BLANCO as oito no Conservatorio Xan Viaño
 
DIA 19……… RONDALLA DE CARIÑO
as oito no Centro Cívico de Caranza
 
DIA 20………DUO ENTREDOS
as oito no Centro Cívico de Caranza
 
DIA 21…… .ACTO DE HOMENAXE A RONDALLA SONIDOS DEL ALBA E ACTUACIÓN DE JOAQUIN ENRIQUEZ DIAZ
as oito no Centro Cívico de Caranza
 
COLABORAN: CONCELLO DE FERROL- CULTURA
EXMA. DIPUTACION PROVINCIAL
CONSERVATORIO DE MUSICA XAN VIAÑO

No hay comentarios: