26 noviembre 2009

“DIA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE”

Estimados compañeiros e compañeiras:

Este próximo dia 3 de Decembro “DIA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE”  vaise a facer unha MARCHA POLA VISIBILIDADE DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL en Ferrol.
A Marcha dará comenzo as 12 horas da mañá nos Cantóns de Molíns hasta o Concello, recorrendo as rúas Olvido, Carmen, Real, e Dolores, para  voltar o Cantón.
Diante do CONCELLO leérase un Manifesto que recolle as reivindicacións i esixencias do colectivo das persoas con diversidade funcional recollidas na Convención da ONU asinada polo Estado Español no 2006 e que obriga os estados a modificar e cumprir todas as leis para  que defender os dereitos das persoas con discapacidade.
A accesibilidade no entorno, nas rúas, nos edificios públicos, nos comercios e servicios, nos baños públicos ou privados de uso público, no transporte público urbán e interurbán. Os buses e as paradas que non van accesibels. Os taxis adaptados
A educación, un dereito que se recolle na legislación vixente, e que non se cumple nin se dotan de apoios e recursos para facer a educación inclusiva, o traballo nas empresas ordinarias, incremento da reserva de postos laboráis,
A habilitación e rehabilitación, a non discriminación, a participación e inclusión plenas i efectivas na sociedade. cos nenos e nenas con discapacidade gocen plenamente de todolos dereitos humans e liberdades.
As mulleres e nenas con discapacidade poidan disfrutar plenamente en igualdad de condicions de todolos dereitos humans e libertades fundamentais.
A participar, en igualdad de condicions con os demáis, na vida cultural, nas actividades recreativas, noesparcimento e no deporte.
O dereito a vivir de forma independiente e a ser incluido na comunidade, a elixir donde vivir e con quen vivir en igualdad de condiciones con os demás, e non se vexan obrigadas a vivir dacordo c un sistema de vida específico.

No Cantón haberá unha carpa durante todo o día desde as 10 da mañá hasta as 8 da tarde.

Expoñeránse diferentes materiáis con todolos temas de denuncia e reivindicacións que fan imposible a INTEGRACIÖN na Sociedadedas persoas con diversidade funcional.
Queremos lembrarvos que estamos a vosa disposición nos locáis da asociación, todos os días pola mañá e luns, martes e xoves polas tardes.
Sería moi importante contar cas vosas inquietudes, coñecer as vosas necesidades ou demandas e que participarades das actividades que estamos programando cos obxetivos de acadar unha vida digna e independente.


CONTAMOS CON VOS NA MARCHA O DIA 3 DE DECEMBRO
 AS 12  DA MAÑA NO CANTON
¡¡EXISIR E DENUNCIAR OS NOSOS DEREITOS HUMANS!!
AUNAMOS AS NOSAS FORZAS DIANTE DA ADMINISTRACION

Un saúdo para todos e todas.
Ferrol, 24 de novembro de 2009.

Mari Morado.

No hay comentarios: