Coñecín a Quin, como así o chamaban os seus coñecidos, no proceso fundacional do Bloque Nacionalista Galego, no ano 1982. Fomos compañeiros durante moitos anos no Consello Nacional desta organización, na que o denominado “clan de Allariz” (Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural; Francisco García, actual alcalde alaricano e o propio Anxo Quintana) tiña un peso específico relevante pola valía persoal e política de todos eles. Co paso do tempo chegamos a ter unha sólida amizade que aínda se mantén. Lembro especialmente aquela noite do 4 ao 5 de xullo de 2002, en que nos acompañou a milleiros de ferroláns na inesquencible xornada da retirada da estatua do caudillo Franco da Praza de España.
Como senador e como vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana foi un valedor firme e rigoroso das demandas de Ferrolterra nas infraestruturas, nos servizos sociais, na construción naval e na reindustrialización. Parabéns no teu aniversario e a seguir traballando desde o goberno da nosa nación.
(Diario de Ferrol)
Xa se me facia raro que Quintana dera dilapidado as ideas do antigo BNG.
¿FUCHEDES OS DOUS?
Se Castelao ergese a cabeza............
No hay comentarios:
Publicar un comentario