26 diciembre 2012

Mañá concentración na defensa do noso xornal local e dos seus postos de traballo!!

Mañá, xoves día 27, os traballadores de Diario de Ferrol secundan unha concentración, ás 10.30 horas diante do Concello, en rexeitamento ao que consideran un progresivo desmantelamento do xornal. O grupo decidiu suprimir en Ferrol a sección de infografía levándosea á central da Coruña, unha medida que consideran caprichosa e non supón aforro de custos, senón o empobrecemento d@s traballadores/as afectados. A iso súmanse os despedimentos que se produciron no último ano e medio e outras cuestións, como a non renovación da web ou non facer publicidade do xornal, cando si se fan ambas as dúas cousas con outra cabeceira do grupo que ten menor difusión, como fan co xornal "El Ideal Gallego". 

Pídovos que acudades e tamén que deades a coñecer a convocatoria a canta máis xente mellor. 

 Moitas grazas.


No hay comentarios: