13 mayo 2014

Caranza en pié de guerra!!

La AA.VV de Caranza exige a la Autoridad Portuaria que se retiren la Huertas Comunitarias del barrio

Para poder entender que está sucediendo en el barrio hay que remontarse al 23 de Marzo del 2012, en esa fecha se celebraba en el salón de actos del Centro Cívico de Caranza la elección de los representantes vecinales del barrio, para los Presupuestos Participativos del Ayuntamiento de Ferrol.

Llegado el momento de elegir a los representantes vecinales;

Uno de los representantes vecinales había sido elegido por parte del tejido asociativo del barrio, incluida la Asociación Vecinal (esto según la versión de las asociaciones participantes), este candidato era la Sra Lupe Cés, miembro de "A Revolta". 

A la hora de presentar a esta persona como la designada por las asociaciones, tomó la palabra María del Pilar Rodríguez Benancio, (de aquella presidenta de la Asociación Vecinal) y dijo que "ellos no la habían elegido, y que tenían otro candidato". En eses momentos se montó un circo....

Calmado un poco el asunto, se dio pasó a las votaciones, y para asombro de muchos, los dos representantes vecinales elegidos no los conoce nadie del barrio, “aparecieron de la nada" uno de ellos es miembro de la Juventudes del PP. Quedando de esta manera fuera de la elección la Sra Lupe Cés. A partir de aquel momento, solamente faltó que volasen las butacas por los aires, lo que allí se produjo fue uno de los actos más vergonzosos vividos en la historia de nuestro barrio.

La actuación más vergonzosa la protagonizaba la concejala Verónica Casal Míguez, que estaba presente entre el público, saltó de su asiento cual "Hoollligan" insultando e increpando a la gente que los acusaba de estar todo manipulado.

Después de esos altercados se produce el fin del "Pacto Social" entre la Asociación Vecinal y las asociaciones del barrio, en especial con "A Revolta".

Os preguntareis ¿Qué tiene que ver esto con que ahora la AA.VV denuncie unas huertas comunitarias que llevan casi dos años en funcionamiento?

La respuesta es; que las mismas asociaciones, y las mismas personas que en esa asamblea que le "tocaron las narices" a la Ex-Presidenta de la AA.VV. son las mismas que ahora están tutelando las reivindicaciones para el arreglo y saneamiento del Mercado de Caranza.


Entrevista de la TVG a miembros de las huertas y a la AA.VV


Vídeo de la asamblea de la discordia.

17 marzo 2014

A presión veciñal gañou o pulso ao Concello, que renunciou a usar como aparcamento provisional unha explanada pública

Borja Carro, achegouse á concentración
Cun amplo despregamento comezaba esta mañá o movemento nos arredores do novo Auditorio de Caranza.

Persoal de bombeiros - protección civil - policía nacional - policía local, uniformada e de paisano - policía autonómica, 12 azafatas de congresos, e outros 12 operarios de Urbaser. Todo para que os DESgobernantes do P€P€ puidesen darse o baño de masas.

Á cita non quixeron faltar os clásicos; alabardeiros, mamporreiros, e pica flores, entre eles como vén sendo habitual, estaban membros da AA.VV de Caranza, totalmente submisa e pregada ao servizo do P€P€.

Fronte a estes, ao outro lado da estrada, @s veciñ@s bloqueaban e impedían o uso dunha plazoleta pública como aparcadoiro improvisado para o evento. Deixar constancia que a directiva da AA.VV de Caranza dera o consentimento ao Concello para este uso indevido da plazoleta, e coa agravante de non o consultar con ningún/ha d@s residentes.

Borja Carro, concelleiro de medio ambiente e servicios, que pasaba polo lugar, achegouse ata a concentración, e chamou a atención velo felicitando a algún dos veciñ@s alí concentrados. 

Acompañando ao ainda alcalde estaban, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente da Deputación, Diego Calvo.

A placa que descubriron reza deste xeito: "Galegos de hoxe para a Galicia do mañá", non hai que ser moi entendidos para decatarse de que non fala deles, pouco futuro lles vexo.

O paripe foi seguido de cerca por grupo de preferentistas, que tamén concentrabase ás portas do Auditorio.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

13 marzo 2014

23 abril 2013

Arre, burro, arre..

O despropósito do PP para a Praza de España. 

Unha obra que sen empezar xa regalou do noso diñeiro público 56.000 euros de licitación. Este proxecto  xa sufriu variacións no seu custo ante de empezar, dos 725.000 euros fixados inicialmente, pasouse a 916.000 euros, agora o PP para anunciar nos medios esta dilapidación do noso diñeiro público, anúnciao nos medios de comunicación dicindo que a obra ten unha rebaixa de máis de 100.000 euros con respecto á contía fixada no prego de condicións, esta queda adxudicada en 812.000 euros. 

Finalmente a obra foi adxudicada a favor de ás empresas Extraco S.A. e Prace Servicios e Obras S.A, que concorreron conxuntamente ao concurso. 

Descoñece o DESgoberno de Ferrol que ese "Pulmón Verde" xa existe??.  Pois así é, e o teñen abandonado, trátase do terreo do Montón de Caranza, de 28.000 m2, nesta esta zona verde municipal realizouse un estudo, que demostrou que contén máis dun millar de árbores de 58 especies diferentes, algúns son exemplares realmente valiosos, como un Buxo de catro metros de alto que, polo seu tamaño, é o cuarto en importancia dos que hai nos parques públicos, un cedro do Atlas, ou a concentración de 103 loureiros, dos cales destaca un por ser "extremadamente grande". O que o converte a esta zona de Ferrol nun auténtico parque botánico. 

Esta información sae recollida na propia Web do Concello: http://www.ferrol.es/ampliar.aspx?id=31893 

Actualmente nesa zona amontóanse toneladas de residuos, repartidos en catro vertedoiros ilegais permanentes, ante a total pasividade do actual goberno local.

Non se entende cos partidos na oposición pidan contas sobre este proxecto, sobre todo o PSOE, que foi o partido que promoveu no seu día este estudo ecolóxico. 

O aínda alcalde de Ferrol, Sr Rey Varela, para o único que se acordou da candidatura da nosa cidade a Patrimonio da Humanidade, foi cando patrocinou o Racing de Ferrol con 229.500 euros, por lucir o anagrama na súa camiseta. 

Non coidan o noso patrimonio histórico, non realizan mantemento dos espazos públicos da nosa cidade, pero proxectan obras millonarias e sen sentido

27 diciembre 2012

Ferrol bótase á rúa na defensa d@s traballadores/as do xornal local

Tódolos partidos políticos da cidade a excepción do P€P€, Centrais Sindicais e o tecido asociativo de Ferrol, arrouparon hoxe @s traballadores/as do xornal "Diario de Ferrol", que se ven agredidos pola política de recortes e despedimentos. 
Esta agresión leva consigo outras medidas adicionais de recortes que rematarán pola desmantelación do único xornal local que temos. 

O grupo decidiu suprimir en Ferrol a sección de infografía, trasladándoa á central da Coruña, unha medida caprichosa que non supón aforro de custos, senón o empobrecemento dos traballadores afectados. 

A iso súmanse os despedimentos que se produciron no último ano e medio (catro xornalistas) e outras cuestións, como a non renovación da web ou non facer publicidade do xornal, cando si se fan ambas as dúas cousas con outra cabeceira do grupo que ten menor difusión, como é "El Ideal Gallego". 




26 diciembre 2012

Mañá concentración na defensa do noso xornal local e dos seus postos de traballo!!

Mañá, xoves día 27, os traballadores de Diario de Ferrol secundan unha concentración, ás 10.30 horas diante do Concello, en rexeitamento ao que consideran un progresivo desmantelamento do xornal. O grupo decidiu suprimir en Ferrol a sección de infografía levándosea á central da Coruña, unha medida que consideran caprichosa e non supón aforro de custos, senón o empobrecemento d@s traballadores/as afectados. A iso súmanse os despedimentos que se produciron no último ano e medio e outras cuestións, como a non renovación da web ou non facer publicidade do xornal, cando si se fan ambas as dúas cousas con outra cabeceira do grupo que ten menor difusión, como fan co xornal "El Ideal Gallego". 

Pídovos que acudades e tamén que deades a coñecer a convocatoria a canta máis xente mellor. 

 Moitas grazas.


17 diciembre 2012

El Concello de Ferrol oferta cursos gratuitos de escalada

Para más información;

DESatención Ciudadana: 
IRResponsable: José Manuel Vilariño Anca 
Correo electrónico: jmvilarino@ferrol.es 

Delegación de INseguridad e FALTA de servizos: 
IRResponsable: Pablo Cal Martínez 
Correo electrónico: calma@ferrol.es 

DESurbanismo: 
IRResponsable: Guillermo Evia Pérez 
Correo electrónico: gevia@ferrol







La dejadez y falta de limpieza en las carreteras de Ferrol por parte del P€P€

¿Que empresa es la encargada del mantenimiento de carreteras en Ferrol?

LOS BOMBEROS!!

Ctra A Tricheira, próxima a la rotonda de Alcampo
Avda de Esteiro

La Gandara, rotonda de la Citroen 

09 diciembre 2012

Fochas con pedigree en Esteiro

Remitido pola Xunta Directiva da AV de Esteiro ao Alcalde de Ferrol

Sr Rey Varela: 

Moi pronto vaise volver a celebrar a carreira de San Xiao que ten a saída e a chegada no Pavillón Municipal de Esteiro e que supera os catrocentos participantes en distintas categorías.

O pasado ano, como lembrará Vostede, deu o pistoletazo de saída nunhas rúas que estaban cheas de fochas e cunhas beirarrúas en mal estado. Como tamén lembrará Vostede, a AV de Esteiro, tivemos ocasión de achegarnos para denuciarlle esa situación. Con motivo da carreira e debido a grande participación, as fochas existentes foron recheadas con area para evitar que os moitos atletas e público sofrisen un percance.

A día de hoxe, como pode ver nas fotos que achegamos, e, grazas ao "traballo e interese" do concelleiro responsable de Urbanismo, Obras, Servizos, Zona Rural e Seguridade , Don Guillermo Evia Pérez, a situación un ano despois é exactamente igual.

Non é unicamente o caso de Esteiro, toda a cidade leva un ano sen que se faga reparación ningunha e onde se fixeron reparacións na Rúa Real e Madalena con motivo da Semana Santa, xa volven a estar completamente deterioradas. Outro tanto ocorre co chamado Plan Express que levou a facer reparacións por onde ía pasar a Volta Ciclista a España, que xa volven a estar desfeitas. Aínda non de contratou a empresa de reparación de fochas, malia telo anunciado en moitas ocasións nos medios 

Os soportes da Costa de Mella, que custan 900 euros mensuais, xa ían ser retirados no mes de abril, como anunciou o Sr Evia nos medios de comunicación, a data de hoxe aínda non foron retirados. 

Non se cumpren os prazos do Urban en Canido, a Praza do Callao rematou o prazo previsto para as obras o 30 de novembro e segue sen ser aberta ao tráfico, como consecuencia das obras do Callao a rúa Madalena, entre Rubalcaba e Rochel foi aberta ao tráfico e está completamente esnaquizada e deberá ter unha fonda reparación logo de que se abra a Praza do Callao. 

O paso de peóns da Rúa Rochel fronte ao local da Terceira Idade está desfeito, malia ser reparado hai poucos meses.

En definitiva a ineficiencia e a ineficacia do Concelleiro de Urbanismo, Obras, Servizos, Zona Rural e Seguridade , Don Guillermo Evia Pérez, está máis que demostrada. Xa non imos falar das continuas denuncias que, contra o Concello de Ferrol, están formulando moitos cidadán polas moitas caídas que están a sofrir por mor do mal estado de tódalas rúas de Ferrol, como sucedeu diante da Casa Solidaria e diante da Biblioteca da Casa do Patín e segue sucedendo cada día.

Como saberá Vostede esta Asociación Veciñal de Esteiro, rexistramos no mes de xullo un mapa de deficiencias do Barrio de Esteiro, sen que tivesen ningunha resposta e sen que se fixese obra ningunha de reparación ou reposición. Xa o denunciamos repetidamente nos medios de comunicación e a través do Rexistro Municipal, cousa que facemos novamente.

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro pensamos que xa é hora de que o Alcalde de Ferrol cese de xeito inmediato ao Concelleiro de Urbanismo e Obras , Sr Evia e ao seu asesor Rodriguez Silvar por ter demostrado sobradamente ao longo destes 17 meses a súa total ineptitude.

Sr Alcalde, vémonos o día da carreira de San Xiao e teña conta de non caer nunha das moitas fochas que hai arredor do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, non vaia ser que tamén teña que formular Vostede denuncia contra o Concello de Ferrol. 

Xunta Directiva da AV de Esteiro


Achegámoslle fotos das fochas da Rúa San Roque e Animas e da beirarrúa do lateral do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, esto é como está unha soa rúa, imaxinen como está todo o Barrio de Esteiro e como está todo Ferrol

06 diciembre 2012

A empresa de mantemento de xardíns deteriorando a beirarrúa

É normal que este vehículo invada e deteriore a beirarrúa para que os operarios planten flores de tempada? 
O carga e descarga está a tan só dez metros, e tiñan aparcadoiro libre. Xa é unha práctica habitual desta empresa de mantemento de xardíns usar as beirarrúas para aparcar (Praza do Himno Galego en Esteiro)