Ao mediodía concentráronse fronte ao edificio da Xunta de Galicia en Ferrol, os ánimos d@s traballadores/as caldearonse, presa da desesperación que estás a vivir, e algúns deles/as, decidiron ocupar as oficinas da Consellería do Mar, sitas no mesmo inmoble.
Ás 14:00, outros dous mariscadores colgáronse con cordas e arneses na ponte Das Pías, denunciando a débeda de salarios, e pedindo solucións para a depuración das augas da ría.
Xa a tarde, cara ás 18:00, as lanchas dos mariscadores/as bloquearon a canle de entrada a ría de Ferrol, obrigando a un cargueiro que salía a voltar cara ao interior.
Maña tentaremos facer un seguimento puntual e en directo dos feitos que acontezan, e dende esta bitacora amosar nosa solidaridade cos traballadores/as.
Neste álbum ollaredes as cousas que podedes facer na ría de Ferrol, de todo, menos mariscar ou pescar.
NA RÍA DE FERROL PODES...
No hay comentarios:
Publicar un comentario